samudra trio
Nace en 2019 co propósito de crear un estilo propio como grupo de música de cámara. Ese mesmo ano obtén o segundo premio de Música de Cámara na XIX edición do Concurso Internacional de Música de Chieri. En 2022 gañou o Premio Martín Códax na categoría de Música Clásica e Contemporánea na súa IX edición.
O seu interese polo repertorio descoñecido máis aló das correntes occidentais e a recuperación do patrimonio musical lévanos a explorar fóra do repertorio orixinal para dita formación e a incorporar obras de compositoras e compositores esquecidos así como a realizar adaptacións para trío. Este afastamento do canon establecido consolídase no seu primeiro disco, Odisea. Unha viaxe musical por catro continentes que quere provocar a reflexión nos seus oíntes.
Samudra Trio nace do diálogo, a escoita e a curiosidade.

quen forma samudra trio



frauta
Laura
lorenzo
piano
violoncello